Saúda

O Pacto Territorial de Emprego de Lemos, terceiro órgano consultivo da Consellería de Traballo e Benestar, está integrado polos concellos de Bóveda, Carballedo, Chantada, Folgoso do Courel, Monforte de Lemos, Pantón, Pobra de Brollón, Quiroga, Ribas do Sil, O Saviñao, Sober e Taboada. Ademais dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego de Lemos as Organizacións Sindicais UXT, CCOO e CIG, a Confederación de Empresarios de Lugo e a Xunta de Galicia. Este espazo será o lugar onde a equipa da Comisión Técnica subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio, así como tamén diferentes estudos e análises realizados.

A Equipa Técnica do Pacto Territorial de Emprego de Lemos da a benvida a todas e tódolos usuarios deste novo espazo web, que agardamos sexa de interese.